logo EAFP

Organiza unha proxección pública

Como sabedes un dos problemas máis grandes que se atopan á hora de facer un documental é a distribución. Por iso propoñemos a posibilidade de levar A Pegada dos avós, O Segredo da Frouxeira ou Isaac de xira  ata onde os queirades proxectar.  É doado, trátase dunha iniciativa que están levando a cabo outras produtoras independentes con éxito para conseguir que as súas historias cheguen o máis lonxe posible. Tanto escolas , universidades,  asociacións, institucións, comunidades de veciños… ou mesmo particulares que queiran facer unha xuntanza para o visionado, poden acceder ao noso formulario, nos contades que idea tedes e vos facilitamos un kit de proxección para acoller o documental.

Proxección prevista: Proxección prevista        Proxección Realizada: Proxección prevista 

No calendario de proxección podedes ver en que lugares xa foi proxectado e os visionados que se están a organizar en distintos puntos e nós, dende as nosas redes, axudamos a difundir e publicitar o evento.

Podedes seguir a nosa guía de proxección ou non, só queremos aconsellarvos sobre como facela máis atractiva e como sacarlle máis partido dependendo da audiencia que querades convocar.