logo EAFP

Sinopse

Un grupo de rapaces percorren, 75 anos despois, un particular camiño tratando de investigar a historia da xeración que viviu o golpe de 1936. Elas e eles, en primeira persoa, terán que se enfrontar á dureza dos seus descubrimentos e explicar as implicacións que poida ter esta decisión nas súas vidas.

A Pegada dos Avós é unha película documental que aborda a memoria histórica dende un punto de vista moi pouco tratado, as persoas que buscan respostas son un grupo de adolescentes estudantes do último curso de bacharelato artístico.

Escollen as historias de José Villaverde e de Amada García para afondaren nun tema sobre o que non tiñan case información.

Dende a súa mirada intentarán comprender o drama da guerra civil española,a ditadura, a represión e, como din eles "coñecer de primeira man o que non vén nos libros. A súas reflexións personais asimesmo quedan reflectidas no vídeoblog de cada un.

Ademais, as rapazas e rapaces logran falar con catro dos principais expertos neste tema: o escritor Manuel Rivas, o xuíz Baltasar Garzón, o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Historica (CRMH) Fernando Souto e o historiador Emilio Grandío.

m-rivas       garzon

Mariquiña       Chicas y Chicos       Gabriel